Sobre min
Rebeca Varela
Rebeca Varela, tamén coñecida como “Perdivel”, con formación en Deseño Gráfico e Ilustración, conta cunha ampla traxectoria laboral, combinando ámbalas dúas disciplinas, que comezou en 2010. Dende 2021 centrouse na súa faceta como ilustradora profesinal, a que sempre foi a súa verdadeira paixón, especializándose na ilustración dixital para diversos medios, sempre comprometida coa creación dun estilo visual distintivo, a atención á calidade e ao detalle.